A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE CULTURA ENTREGARON OS PREMIOS DO IV CAMPIONATO DE PARCHÍS

A alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de cultura, Manuel Arango, entregaron os premios aos gañadores do IV Campionato de Parchís organizado polo Concello de Lourenzá.

O primeiro premio foi para Berta Lagarón Debén e Nazaret Barroso Cabaleiro; o segundo, para Josefa Sante Fernández e Piedad Sanmartín Balsa; e o terceiro para Nely Cajoto Cuadrado e María Antonia López Dorrego. As tres primeiras parellas clasificadas recibiron trofeos da fundación 'Eu Son de Burela'. Ao resto dos participantes fóronlles entregados uns detalles de artesanía elaborados por Remei, de Lourenzá.

A Concellería de Cultura laurentina ten a intención de convocar proximamente a quinta edición deste campionato e espera que a participación vaia en aumento.