A alcaldesa felicita ao equipo de Baloncesto Feminino Lourenzá Ensino por lograr o ascenso á primeira división nacional e anuncia que haberá una recepción oficial no Concello

Lourenzá, 19 de maio de 2013. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, felicitou ao equipo de baloncesto feminino Lourenzá Ensino, que hoxe logrou o ascenso á Primeira División Nacional, e anunciou que haberá unha recepción oficial no Concello nunha data que está por decidir.

Emma Álvarez manifestou que “para o Concello de Lourenzá é unha satisfacción que o equipo de básket Lourenzá Ensino xogue na vindeira temporada na categoría Nacional. Xa trasladamos as nosas felicitacións ao adestrador, Juan Nécega, para que as fixera chegar ao seu equipo”.

Ademais a rexedora municipal anunciou que “no Concello faremos unha pequena recepción oficial, porque grazas a estas rapazas o nome de Lourenzá viaxou por toda a comunidade autónoma e a partir de agora vai ser coñecido tamén no resto de España”.

Escoitar Declaracións da alcaldesa Emma Álvarez

Balencesto Femenino Lourenzá Ensino