A BIBLIOTECA MUNICIPAL FAI PÚBLICO O FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE POESÍA DE NADAL

A biblioteca municipal de Lourenzá fai público o fallo do xurado do concurso de poesía de Nadal.

Os premiados son:

Na categoría B: Samir Tazaghart, de 9 anos; Marcos Rodríguez Lindín, de 9 anos; e Noemí Huertas Fornos, de 10 anos.

Na categoría C: Claudia Carril Cabaleiro, 12 anos.

As poesías seleccionadas participarán na fase provincial do certame. A Concellería de Cultura felicita aos nenos e nenas laurentin@s que participaron no concurso, destacando a calidade dos traballos presentados. Nos próximos días comunicaráselles aos premiados a data da entrega de premios, que consistirán en diplomas e material didáctico.