Brais e Aleix Díaz disfrutaron no día de onte do Trofeo Diario de Pontevedra

Brais e Aleix estiveron no día de onte domingo no Torneo de Atletismo do Diario de Pontevedra, celebrado nas pistas do Centro de Tecnificación da Federación Galega.

Brais quedou 2º en 500 ml mellorando a sua marca e facendo 1.41 min e tamén participou por primeira vez en 60 ml. facendo 10.99 seg.

Aleix 1º en 500 ml repetindo a sua mellor marca de 1.22 min, nunha carreira moi fermosa e disputada e 3º da sua serie e 4º da xeral en 60 ml, con 8.41 seg, rebaixando a sua mellor marca.

Un día estupendo con boa temperatura e disfrutando dunha festa do deporte!!!