A cabalgata dos Reis Magos, que organiza a Concellería de Cultura, percorrerá mañá pola tarde todas as parroquias do municipio

Lourenzá, 4 de xaneiro de 2013. Mañá, sábado, celebrarase en Lourenzá a cabalgata dos Reis Magos, que nesta ocasión percorrerá todas as parroquias do concello desde as catro da tarde.

A concelleira de Educación, Cultura e Turismo, Lupe Flórez, destacou que “a novidade deste ano é que retomamos un percorrido que tradicionalmente xa se fixera hai unha década, que consiste en que a carroza salga desde as parroquias do concello. Concretamente ás catro da tarde empezaremos o percorrido na igrexa parroquial de San Adriano, onde o coro parroquial de Vilanova ofrecerá un pequeno concerto de panxoliñas. E a continuación, sobre as catro e media ou cinco menos cuarto, iniciará o percorrido o carruaxe dos Reis Magos. Posteriormente faremos unhas breves paradas na igrexa de Santo Tomé e no centro cívico de San Xurxo. Finalmente, unha vez chegados ao casco urbano de Vilanova iniciaremos o tradicional percorrido que se viña desenrolando estes últimos anos, sobre as seis da tarde máis ou menos, diante do albergue de peregrinos, situado na Praza da Gracia. Faremos un percorrido polas principais rúas do casco urbano de Vilanova e finalmente o cortexo dos Reis Magos terminará na Praza do Conde Santo. Os Reis Magos entrarán na Casa do Concello, dende alí saudarán aos nenos que se concentren na praza e finalmente abriranse as portas das oficinas municipais e recibiranos dun nun na escalinata principal”.

Lupe Flórez explicou que “a idea orixinal é que este ano a cabalgata inicie o seu percorrido en San Adriano e que nos anos próximos o faga no resto das parroquias, ou sexa o ano que ven empezaremos en Santo Tomé e o seguinte farémolo en San Xurxo”.

Ademais a concelleira de Cultura destacou que para rematar as actividades do Nadal organizadas polo Concello de Lourenzá haberá unha actuación de maxia a cargo do Mago Pei no salón de actos. “A hora estimada para que empece o espectáculo son as oito da tarde aínda que pode sufrir variacións dependendo do desenrolo do percorrido da cabalgata de Reis”, aclarou Lupe Flórez.

Dende a Concellería de Cultura agradecen “a todos aqueles particulares que altruistamente van participar dando vida aos personaxes da cabalgata e, por outra parte, a todas aquelas entidades colaboradoras a través da doazón de agasallos e caramelos con que premiar aos nenos que se acheguen a ver o recorrido dos Reis Magos. Concretamente estas entidades son a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá, Sogama, Orus, Begasa, E-On (que son as eléctricas coas que temos facturación de edificios ou alumeado público do Concello) e as entidades Nova Galicia Banco, Caixa Rural e Banesto, coas que tamén temos contas do Concello e que se ofrecen a agasallarnos con caramelos e distintos regalos para os nenos.”