A CAMPAÑA DA XUNTA DE RECOLLIDA DA PATACA AFECTADA POLA COUZA GUATEMALTECA REALIZARASE EN LOURENZÁ OS DÍAS 9 E 10 DESTE MES

A campaña da Xunta de Galicia de recollida da pataca afectada pola couza guatemalteca realizarase no municipio de Lourenzá os días 9 e 10 deste mes, martes e mércores da vindeira semana. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López, despois de recibir a comunicación da Consellería de Medio Rural, na que se explica que eses dous días entre as 8 da mañá e as 6 da tarde “pasarán polos domicilios os equipos oficiais para a retirada das patacas, polo que se solicitan que as teñan preparadas do seguinte xeito: en bolsas de plástico abertas, que serán precintadas no momento da súa retirada; deberán estar en bolsas separadas as patacas de semente, as de consumo da campaña pasada e as que obrigatoriamente deberán estar arrincadas da presente campaña”.

A alcaldesa comentou que os produtores poderán recoller nas oficinas municipais as bolsas para depositar as patacas.

A CAMPAÑA DA XUNTA DE RECOLLIDA DA PATACA AFECTADA POLA COUZA GUATEMALTECA REALIZARASE EN LOURENZÁ OS DÍAS 9 E 10 DESTE MES