A CARPA INSTALADA NO CAMPO DO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR ACOLLE O PLANETARIO CIENCIA KIDS O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 26

A carpa instalada no Campo do Mosteiro de San Salvador acollerá a actividade denominada Planetario Ciencia Kids o vindeiro mércores, día 26 de decembro. É unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Lugo.

Esta actividade está destinada a todos os públicos e desenvolverase en tres sesións dunha hora de duración: ás 16:30, as 17:30 e ás 18:30 horas.