CARTA DE JUAN NÉCEGA RODRÍGUEZ A LOURENZÁ!!!

Gracias!!!

Q fácil, verdade? Pois pode parecer que sí, pero non é tanto cando tes tanto que agradecer e tanta xente a quen decirllo porque miras atrás e pensas que a primeira vez que subín na furgoneta tiña 80000 kms e vai para 350000. Eso indica varias cousas; en primeiro lugar que hai que ir buscandolle unha substituta, despois que, son moitos viaxes, moitas ilusións ante cada novo proxecto e moitas caras as que compartimos todo eso para levar o nome de Lourenzá por cada liga.

Moita xente que me acompañou e da que cada día aprendia algo. Xente que me intentaba correxir e axudar, que me facía estar en todo momento concentrado para non ter despistes,aínda que sempre os houbera, xente que padeceu o meu carácter e me invitaba a moderalo, en fin... moitas grandes persoas que se esforzaron cada semana para entrenar, cada fin de semana para xogar e conseguir cada día algo.

Por outra banda , por encima do plano deportivo, está o que supuxo chegar a Vilanova. Dende o principio me fixeron sentir na casa, me apoiaron, me axudaron e confiaron ano tras ano (hai que ser valientes!!!). O que máis me chamou a atención desde o principio foi a implicación de toda a directiva das escolas en cada evento e actividade que realizan. Están todos para todo, algo atípico nas demais directivas que coñecín. Todos invertindo o seu tempo libre en facer que todo funcione. E vaia si funciona, éxito tras éxito e sen parar de medrar fruto do bo traballo.

É para min un orgullo moi grande pertencer a estas escolas. Ver como se pon o campo cada fin de semana para ver a esa "gran tropa" de rapaces que son a alma do pueblo co alcalde á cabeza, como en cada proba de atletismo ocupamos os primeros lugares , no "futbito" (síntoo a min gústame chamarlle así aínda), no ciclismo, no baloncesto, no patinaxe, en fin.... en todo porque temos de todo. E cuidado que o outro día oín a Rubén falando de bobsleigh(ou como se diga)e cando a éste se lle mete algo entre cexa e cexa......

Recordo como foi o día que me propuxo que me fixera cargo do equipo femenino nunha cafeteria de Foz, unha contratación tipica de Rubén, "bueno tú vas para ali e vamos buscar unha de ali e outra do outro lado e coas que temos...,á champions". Calquera lle dice que non, un non que non está no seu vocabulario cando chegas e lle propós calquera cousa. Sempre intenta facilitar o traballo e levalo a cabo coma nadie. Un gran activo para as escolas, un gran xerente , un gran adestrador ,unha gran persoa e un gran amigo.

Teño un novo reto por diante , unha oportunidade que non chegaría de non ser por estas escolas e estou moí ilusionado. Outro gran grupo de xente confía en min para unha empresa nada fácil, na que poñerei todo o que teña para que saia ben pero eu xa gañei xa que o baloncesto ó mellor co tempo pasa de largo pero gracias a él volverei a Vilanova cada vez que poida e estarei como estiven ata agora. Na miña casa.