CHARLA INFORMATIVA SOBRE A VENDA DE PARCELAS DA 2ª FASE DO PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ

A charla informativa terá lugar o vindeiro mércores día 17 de Febreiro a partir das 20:00 horas no Salón de Actos do Concello.

Lourenzá, 13 de Febreiro do 2010.- Con motivo da recente publicación no DOG do día 2 de febreiro do anuncio do concurso da venda de parcelas da 2ª fase no parque empresarial de Lourenzá o Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa para dar a coñecer o Prego das bases que rexerá este concurso.

A esta charla, que terá lugar o vindeiro mércores día 17 de febreiro a partir das 20:00 horas, no Salón de Actos do Concello, están convidados todos aqueles empresarios aos que se lles facilitará información acerca dos prezos, superfícies, planos, procedementos  de xestión, etc. así como resolución de posibles dúbidas que poidan xurdir.

Ademais contarase contarase coa presenza dun técnico do IGAPE (Cristina Sanz Arias) que explicará a liña de axudas existentes para as empresas da nosa provincia recollidas nas medidas de descriminación positiva do Plan Impulsa Lugo.

Baixar nota de prensa en PDF.