Colocaron un lazo malva no balcón da Casa do Concello, onde tamén hai un libro de firmas contra a violencia de xénero

Lourenzá, 23 de novembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, xunto con outros membros da corporación e traballadores municipais, colocaron no balcón da Casa do Concello un lazo malva pola conmemoración do Día internacional contra a Violencia de Xénero.

Co mesmo motivo a rexedora local inaugurou o libro de firmas que estará nas oficinas do Concello ata o vindeiro venres, día 30, e este domingo a mediodía poñerase na entrada do consistorio para que todas as persoas do municipio ou que pasen por el poidan deixar a súa pegada cunha frase de repulsa á violencia de xénero.