Con motivo da Semana do Medio Ambiente este sábado, día 1 de xuño, haberá unha xornada de voluntariado para limpar os ríos Baos e Masma. Os interesados en participar deben apuntarse no Concello

Lourenzá, 27 de maio de 2013. O Concello de Lourenzá organiza unha xornada de voluntariado para a limpeza dos ríos Baos e Masma este sábado, día 1 de xuño, dentro da Semana do Medio Ambiente. Esta actividade conta coas colaboracións da Xunta de Galicia e, a través dela, da obra social Fundación la Caixa, explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen anunciou que o punto de encontro para os participantes será a Praza do Concello ás dez da mañá.

“Pregámoslle á xente que queira colaborar nesta xornada de voluntariado que se anote no Concello a través do número de teléfono 982.12.10.06 para contar cos medios dispoñibles para todas as persoas que queiran participar”, manifestou a rexedora municipal, que rematou cun chamamento para animar aos veciños de Lourenzá a que “colaboren co medio ambiente e coa limpeza dos nosos ríos”.