CONVOCADO O CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL PARA ESCOLLER A QUE SERÁ A FELICITACIÓN DO CONCELLO

O Concello de Lourenzá convocou o concurso de postais para escoller a que servirá como felicitación municipal e será publicada na páxina web e nas redes sociais do Concello.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que este certame, dotado cun único premio de 100 euros e trofeo, “está dirixido aos escolares de Educación Infantil e Primaria do concello. O prazo de presentación das obras, que irán acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor/a, rematará o 17 de decembro e deben entregarse nas dependencias da Biblioteca Municipal”.