CURSO DE PREPARACIÓN PARA O CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza un Curso de preparación para o Celga destinado a toda a cidadanía mariñá.

O obxectivo principal deste curso é informar sobre os Celga, que é e como preparalo, facilitando as ferramentas lingüísticas e coñecementos necesarios para superar as probas que convoca anualmenta a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Este curso será impartido pola técnico do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, profesora colaboradora da Secretaría Xeral de Política Lingüística e membro dos tribunais Celga.

O curso realizarase nos meses de xullo e agosto e terá unha duración de 36 horas.

Todas as persoas interesadas poderán anotarse no seu concello ou ben chamando ao número 982 140 675 ou enviando un correo ao enderezo electrónico snlmarinhalucense@hotmail.com.