A delegada territorial da Xunta confirmou un investimento de 30.000 euros para melloras no CEIP Juan Rei na xuntanza que mantivo hoxe coa alcaldesa. Emma Álvarez solicitoulle a Raquel Arias axuda do goberno autonómico para outros asuntos pendentes e novas

Lourenzá, 13 de febreiro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse esta mañá coa delegada territorial da Xunta para a provincia de Lugo, Raquel Arias “para poñela ao corrente dos asuntos que están pendentes dende o noso Concello coa administración que ela representa, a Xunta de Galicia, así como presentarlle novas necesidades a fin de acadar a colaboración co Concello de Lourenzá. Para min foi unha grata satisfacción que me confirmará a inversión de 30.000 euros no colexio Juan Rei, entre outras cousas en facer a rampla de acceso, que está sendo demandada por parte da Anpa e que xa comentara o seu día o presidente da Xunta que lle parecía importantísimo levalo a cabo”, explicou a rexedora municipal.

Despois do encontro Emma Álvarez tamén comentou que trataron “outros temas de tódalas consellerías: de medio ambiente, inversións en infraestruturas, de servizos sociais, da accesibilidade do Concello e un tema que me ten bastante preocupada a día de hoxe como é o Camiño Norte ao seu paso polo núcleo de San Lourenzo, que está dificultando a retirada de madeira das fincas colindantes. Polo tanto é moi importante para o noso concello que se lle dea unha solución e puxen en coñecemento da delegada territorial o que xa fixera no seu día co anterior director xeral de Patrimonio a fin de poder acadar unha solución a este conflito á maior brevidade posible”.