FIRMOUSE O CONVENIO DE RENOVACIÓN ENTRE O PRESIDENTE DAS ESCOLAS D. PABLO MASEDA E O REPRESENTANTE DE CONSTRUCCIONES AUGACONS D. JUAN LÓPEZ

No día de onte firmouse o convenio de renovación entre o presidente das Escolas D. Pablo Maseda e o representante de Construcciones Augacons D. Juan López. Éste será o segundo ano consecutivo como patrocinador en exclusiva do 1º equipo de fútbol e o sexto onde colabora directamente como patrocinador das Escolas Deportivas.

Construcciones Augacons levará por tanto o nome deportivo do equipo a todos os efectos. Dende a directiva queremos agradecer o esforzo desta empresa neste proxecto de continuidade que supón un gran beneficio para ambas entidades.

A partir de agora a directiva traballará en renovar os patrocinios dos diferentes equipos do resto de seccións deportivas, en especial agora mesmo céntrase na búsqueda dun patrocinador importante do equipo de basket de nacional.

FIRMOUSE O CONVENIO DE RENOVACIÓN ENTRE O PRESIDENTE DAS ESCOLAS D. PABLO MASEDA E O REPRESENTANTE DE CONSTRUCCIONES AUGACONS D. JUAN LÓPEZ