Lourenzá, elexida sede para organizar o Campionato Provincial de Campo a Través!! Noraboa a tod@s!!! 19 de Febreiro!!!

As instalacións de Sta. Cruz serán sede por primeira vez dun Campionato Provincial.

Organizará a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, o Concello de Lourenzá, Protección Civil, as Escolas Deportivas Lourenzá, a Agrupación Deportiva A Mariña, Coca Cola, Morangrupo e Panadería Neli.

O éxito do circuito de Sta. Cruz das últimas probas realizadas foi unha gran baza para que Lourenzá fora escollido así como as facilidades dadas polo Concello de Lourenzá para que poda realizarse un evento destas características.

Comenzará o 19 de febreiro sobre as 11,30 horas, e as categorías percorrerán as seguintes distancias:

Benxamín Feminino e Masculino: 800 metros.

Alevín Feminino: 1350 metros.

Alevín Masculino: 1700 metros.

Infantil Feminino: 1700 metros.

Infantil Masculino: 2100 metros.

Cadete Feminino: 2100 metros.

Cadete Masculino: 3500 metros.

Agora toca traballar de arreo para que a proba sea un éxito deportivo!!!

Noraboa a tod@s!!!