LOURENZÁ FOI PROTAGONISTA DO PROGRAMA DE RADIO “MARIÑA MARABILLOSA”

Lourenzá foi protagonista o pasado xoves 23 de agosto do programa “Mariña Marabillosa”, que se emite semanalmente a través de Radio Burela, Radio Foz e Radio Valadouro, coa fin de divulgar e promocionar turísticamente todos os concellos da comarca un por un.

Na súa edición número 12 fixeron un percorrido polo concello de Lourenzá: a súa cultura, economía, festas, xente, monumentos, e outras tantas marabillas. Interviron Manuel Arango, Tenente de Alcalde, e membros da Asociación Osorio Gutiérrez, da Cooperativa Terras da Mariña, e do grupo de teatro Os Trangalleiros; tamén o ex alcalde Vidal Martínez-Sierra e Miguel Gavín falaron do pasado, presente e futuro do concello a nivel turístico, patrimonial, musical, deportivo e de emprendemento local.

Podedes escoitar o programa completo nos seguintes enlaces:

https://www.ivoox.com/marina-marabillosa-12-lourenza-audios-mp3_rf_28059982_1.html

https://www.facebook.com/marinamarabillosa/