MAÑÁ VENRES DÍA 7: PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS FEDERADOS INFANTIL E CADETE DE FÚTBOL ASÍ COMO OS CADETE, JUNIOR E SÉNIOR 2ª AUTONÓMICA DE BASKET!!!!

Mañá venres día 7 de Agosto faremos a presentación dos equipos federados das Escolas que inician antes a súa actividade deportiva.

Ás 19:00 horas en Sta. Cruz están citados os xogadores de fútbol infantil e cadete e sobre as 21:00 horas tocará o turno para os equipos federados de basket.

En ambas citas daranse a coñecer os adestradores para esta vindeira temporada así como a planificación a seguir cos distintos equipos.

Esperamos que nos vindeiros días podamos coñecer o nome do adestrador que se fará coas rendas do equipo de Nacional, e empezar tamén a planificar os adestramentos deste equipo que militará por terceira temporada consecutiva na 3ª división do baloncesto feminino nacional.