Muebles Huertas reafirma o patrocinio co equipo de Autonómica das E.d. Lourenzá un ano máis!!!

No día de onte firmouse a renovación do convenio de colaboración entre a empresa MUEBLES HUERTAS e as Escolas para o patrocinio un ano máis ( o segundo consecutivo) do equipo de Autonómica de Basket. Súmase así á lista de Sponsors Oficiais do clube xunto con Morangrupo(Nacional Basket), Augacons(Fútbol 1ª autonómica) e Maderas Barcia (Atletismo e Fútbol Sala).

Muebles Huertas levará o nome do equipo oficial de cara á competición 2015-2016 así como o grabado de roupa nas equipacións de xogo. O equipo esta temporada intentará facer outra gran campaña como a da temporada pasada e ó fronte do mesmo seguirá Mariano De La Torre. Ademáis, a creación do equipo junior permitirá abastecer dun gran número de xogadoras a este equipo polo que se espera que realice unha gran temporada deportiva

Nos vindeiros días conoceranse tamén os sponsors que patrocinen o fútbol infantil e cadete así como o basket cadete e junior así como o baloncesto de categorías inferiores.

Muebles Huertas reafirma o patrocinio co equipo de Autonómica das E.d. Lourenzá un ano máis!!!