O Concello anuncia dúas convocatorias de axudas da Xunta que se poden solicitar a través da traballadora social municipal

Lourenzá, 2 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá da a coñecer dúas convocatorias de axudas da Xunta de Galicia que se poden solicitar a través da traballadora social municipal.

Unha delas é para a prestación económica de pagamento único por fillas ou fillos menores de tres anos, cunha contía de 360 euros. O prazo para solicitala remata o día 11 de maio deste ano.

A segunda é para o programa de respiro familiar destinado a coidadores de persoas en situación de dependencia. Neste caso as solicitudes deben presentarse con un mes de antelación á data para a que se pide, agás situacións de emerxencia sobrevida e debidamente xustificada.

Os interesados poden obter máis información sobre os requisitos esixidos e tramitar as solicitudes para ambas as dúas convocatorias no despacho da traballadora social do Concello de Lourenzá de luns a venres en horario de 9 a 15 horas.