O CONCELLO COLABORA CO CEIP JUAN REY NA FESTA FIN DE CURSO CUNHA FUNCIÓN DE MONICREQUES. SERÁ MAÑÁ, XOVES

O Concello de Lourenzá colabora co CEIP Juan Rey na súa festa fin de curso, cunha función de monicreques. Será mañá, xoves, día 21.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “dentro da programación de fin de curso do colexio laurentino a compañía Títeres Alakrán representará a obra Circo Galaico”.