O CONCELLO COLABORA NA CAMPAÑA PARA PROMOVER AS DOAZÓNS DE SANGUE DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA. UNHA UNIDADE MÓBIL ESTARÁ FRONTE Á CASA DO CONCELLO O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 17

O Concello de Lourenzá colabora na campaña para promover as doazóns de sangue que leva a cabo o Centro de Transfusión de Galicia. Unha unidade móbil estará fronte á Casa do Concello o vindeiro mércores, día 17.

A alcaldesa, Rocío López, explicou hoxe que “o Concello de Lourenzá e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes”.

E a concelleira de Servizos Sociais en Lourenzá, Mercedes Dengra, fai un chamamento aos cidadáns de Lourenzá para que participen nesta campaña. A unidade móbil de doazón de sangue estará instalada fronte á Casa do Concello o vindeiro mércores, 17 de agosto, en horario de 10:30 a 14:00 e 16:30 a 21:00. A edil pide a colaboración dos veciños “para axudar a moitos enfermos que precisan da nosa solidariedade para recuperar a súa saúde ou incluso salvar a vida”.

Mercedes Dengra engadiu que “dende o Concello difundimos esta campaña solidaria para concienciar á cidadanía da importancia de doar sangue. No 2015 a participación aquí, en Lourenzá, foi de 33 doazóns por cada 1.000 habitantes. O noso obxectivo é que vaia en aumento este ano. Dende a Concellería de Servizos Sociais agradecemos de antemán a colaboración de tódolos veciños nesta campaña”.

O CONCELLO COLABORA NA CAMPAÑA PARA PROMOVER AS DOAZÓNS DE SANGUE DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA. UNHA UNIDADE MÓBIL ESTARÁ FRONTE Á CASA DO CONCELLO O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 17