O Concello de Lourenzá informa das deduccións da cota do canon da auga

O canon da auga, que ven de substituír o canon de saneamento, foi creado pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. Non obstante, o inicio da súa aplicación non tivo lugar ata o 1 de xullo de 2012, momento no que entrou en vigor o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

O canon da auga, ten como finalidade; por un lado, financiar as actuacións do ciclo da auga e por outro, primar o uso responsable da auga.

Se quere aforrar custos no pago deste canon deberá ter en conta os seguintes criterios:

1.- A tarifa doméstica é progresiva: estrutúrase en varios tramos segundo o consumo, considerando para eses tramos o número de persoas por vivenda, polo que é aconsellable revisar o número de persoas que figuran rexistradas a día de hoxe coa empresa concesionaria, no noso caso, Espina&Delfín, S.L. e adaptalas a realidade, é dicir, ao número de persoas que realmente están empadroadas na súa vivenda, a fin de rebaixar o recibo de auga.

2.- As familias numerosas contan cun desconto do 50 % do canon.

3.- Ás comunidades de usuarios (traídas veciñais) e captacións propias aplícaselles un desconto do 90%, quedando exentos na práctica.

Para solicitar os descontos antes mencionados, e así poder beneficiarse das pertinentes deducións, é preciso solicitalo ao ente público Augas de Galicia a través dos modelos que están colgados na páxina web da Xunta ou da empresa concesionaria e envialo ao ente público Augas de Galicia.

Nas oficinas municipais estamos a disposición de calquera persoa do municipio que o precise para realizar este tramite.

En Lourenzá, a 11 de Febreiro do 2013