O CONCELLO FELICITA Á NENA CLAUDIA CARRIL CABALEIRO POR ACADAR O PRIMEIRO PREMIO NA SÚA CATEGORÍA DO CONCURSO PROVINCIAL DE POESÍA DE NADAL

O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Cultura, felicita a Claudia Carril Cabaleiro, alumna do CEIP Juan Rey, porque ven de acadar o primeiro premio de poesía de Nadal no certame provincial da Biblioteca Nodal de Lugo. Claudia Carril participou na categoría B (de 9 a 11 anos) co poema titulado Promesas de Nadal e recibiu como premio unha figura de Sargadelos, un lote de libros e un diploma acreditativo do galardón.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anima a todos os nenos e nenas do municipio a participar “neste tipo de concursos que potencian o gusto pola literatura e as artes plásticas”. Aproveita tamén para “agradecer a colaboración dos mestres e mestras do CEIP Juan Rey que fan que o nome de Lourenzá apareza frecuentemente nos medios de comunicación por noticias coma esta”.

Descargar poema en PDF