O Concello solicita á Xunta unha subvención de casi 20.000 euros para mellorar a Área Recreativa da Cazolga, un lugar "con moitos visitantes”, explicou a alcaldesa

Lourenzá, 3 de novembro de 2012. O Concello de Lourenzá acaba de solicitar á Consellería de Medio Ambiente, concretamente ao departamento de Conservación da Natureza, unha subvención para rematar a adecuación da área recreativa da Cazolga.

A alcaldesa explicou que “esta é unha subvención no marco das axudas para os Concellos que teñen territorio en Rede Natura. Ten un importe de 19.995 euros e sería para adecuar unha zona de xogos e tamén para arranxar todo o mobiliario que temos a día de hoxe e que, por un motivo ou por outro, está en malas condicións”.

Emma Álvarez salientou que á área recreativa da Cazolga “ten moita afluencia de visitantes, sobre todo nos meses da primavera e do verán”.