O GRUPO FAUNA 113, DE VIGO, FOI O GAÑADOR DO II CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ

O grupo Fauna 113, de Vigo, foi o gañador da segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, que rematou onte, domingo, coa gala de entrega de premios.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “Fauna 113, de Vigo, coa obra Deus, unha comedia, foi o triunfador do II Certame de Teatro Concello de Lourenzá, obtendo o premio Conde Santo á mellor representación. O premio Lourenzo, ao mellor actor, foi para Pablo Rodríguez; e o Ana, á mellor actriz, para Iris Darriba. Avelaíña Teatro, de Pontevedra, coa obra María Castaña, acadou o premio á mellor posta en escena e os de actor e actriz de reparto foron para Xabier Fernández e Menchu González, respectivamente. O premio especial do público foi para Borralliña, de Os Palimoquiños, de Lugo”.