O PAI MENIÑOS CELEBROU UNHA FESTA DE FIN DE CURSO Á QUE ASISTIU A ALCALDESA DE LOURENZÁ

O Punto de Atención á Infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, celebrou unha festa de fin de curso á que asistiu a alcaldesa, Rocío López.

No acto graduáronse 10 nenos e nenas dos 20 que había este curso no centro. Eses dez ingresarán en setembro no CEIP Juan Rey.

Para esta xornada de celebración as mestras do PAI prepararon unha merenda na área recreativa da Cazolga, onde os nenos gozaron ademais dunha tarde de xogos en compañía de familiares e amigos. No acto de graduación estivo a rexedora municipal, quen aproveitou para “felicitar e animar a eses nenos e nenas na súa nova andaina que teñen por diante no CEIP Juan Rey. Eu tamén fun alumna dese colexio e, sen dúbida, teñen moitas experiencias e moitos momentos bos por diante”, comentou Rocío López.

 

O PAI MENIÑOS CELEBROU UNHA FESTA DE FIN DE CURSO Á QUE ASISTIU A ALCALDESA DE LOURENZÁ
O PAI MENIÑOS CELEBROU UNHA FESTA DE FIN DE CURSO Á QUE ASISTIU A ALCALDESA DE LOURENZÁ