O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acolleu onte unha charla sobre as sociedades de fomento forestal

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acolleu onte unha charla sobre as sociedades de fomento forestal, que organizou o Concello. A alcaldesa, Emma Álvarez, fixo un balance positivo da cantidade de público que houbo no acto e comentou que algúns dos asistentes propuxeron que se fixeran concentracións de montes públicas en vez de promover estas agrupacións de propietarios voluntarias que levan consigo unha concentración privada do terreo. A rexedora explicou que facer unha concentración pública é moi difícil polo elevado custe económico e tamén porque se tardaría moito tempo, polo cal é moito máis fácil partir dunha agrupación voluntaria onde os propietarios das fincas partan duns criterios para valorar os seus propios terreos. A alcaldesa confía en que a raíz desta charla poida xurdir polo menos unha sociedade de fomento forestal no concello de Lourenzá.