O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE AS DEMENCIAS MAÑÁ, MÉRCORES

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha charla titulada O alzheimer e outras demencias nas nosas vidas. Será mañá, mércores 27, ás 18:00 horas con acceso libre. Impartirana a psicóloga xeral sanitaria e a educadora social do Centro de Día de Lourenzá, Pilar Díaz e Nazaret Cruz, respectivamente.

Nazaret Cruz explica que este acto “está dirixido a toda a poboación de Lourenzá e concellos limítrofes para visibilizar as principais características deste tipo de enfermidades neurodexenerativas e proporcionarlles estratexias de intervención a aquelas persoas que teñen non seus domicilios persoas con estas enfermidades”.