O TORREÓN DE VILANOVA ACOLLERÁ CLASES DE ESO PARA ADULTOS E TAMÉN PARA PREPARAR O EXAME DE COMPETENCIAS CLAVE N_2 DA CONVOCATORIA DE 2017

O Torreón de Vilanova de Lourenzá acollerá clases de ESO para adultos e tamén para preparar o exame de Competencias Clave N_2 da convocatoria do vindeiro ano 2017.

En canto ás clases de ESO destinadas a adultos no curso 2016-2017 para obter o título oficial da Xunta de Galicia, o horario será de tarde-noite para os que traballan e comezarán o 17 de outubro, luns.

E para a preparación do exame de Competencias Clave N_2 na convocatoria de 2017 as clases empezarán o 18 de outubro, martes.

Nos dous casos as inscricións poden facerse polas mañás na Casa do Concello de Lourenzá ou polas tardes na biblioteca municipal. E os interesados poden obter máis información chamando ao teléfono 671.350.905 ou a través do correo electrónico fyoma@outlook.es.

 

O TORREÓN DE VILANOVA ACOLLERÁ CLASES DE ESO PARA ADULTOS E TAMÉN PARA PREPARAR O EXAME DE COMPETENCIAS CLAVE N_2 DA CONVOCATORIA DE 2017