A Oficina Municipal de Información Xuvenil tramita ata o día 13 deste mes as solicitudes para os campamentos de verán da Xunta

Lourenzá, 5 de abril de 2013. A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Lourenzá, que está situada nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal "Juana de Ibarbourou", tramita ata o día 13 deste mes de abril as solicitudes de todos aqueles rapaces e rapazas interesados en participar nos Campamentos de Verán que organiza a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Os interesados poden dirixirse a OMIX de Lourenzá ou chamar ao teléfono 982.12.15.52 en horario de cinco a oito da tarde, segundo explicou a concelleira de Educación, Lupe Flórez.