Omnipresencia dos Atletas do Maderas Barcia no pasado fin de semana

E a IV Viveiro por Nadal ríndese ás Balas do Maderas Barcia Lourenzá. Triunfos de Henar Méndez, Carlos Docampo, Carmen García, Ian Méndez, Carme Alonso, Alberto Glez. e Pablo Irimia!!!

O domingo á mañá as balas disfrutaron do Viveiro Corre por Nadal.

Pitufos non competitiva: participaron Unai Díaz, Lucas Cabarcos e Fernando Díaz.

Prebenxamín non competitivo: tivemos a David Díaz.

Competitivas:

Benxamín Feminino.

Triunfo de Henar Méndez e prata para Emma García.

Benxamín Masculino.

Triunfo de Carlos Docampo.

Alevín Feminino.

Triunfo de Carmen García. Prata para Aroa Glez.

Alevín Masculino.

Triunfo de Ian Méndez. Prata para Aarón Millares.

Infantil Feminino.

Triunfo de Carme Alonso. Prata para Marta Alonso

Cadete Masculino.

Título para Alberto Glez.

Xuvenil Masculino.

Título para Pablo Irimia.

 

Triunfos de Ainara Rguez, Aleix Díaz, Sara Samrawit e Pedro Moirón na Benéfica de Figueras Solidario de Nadal

Participaban os nosos atletas este pasado domingo nunha proba con marcado acento solidario, neste caso recaudar fondos para un centro oncológico infantil, nunha carreira non competitiva.

Na Categoría de menores, triunfos para Sara Samrawit Otero e Pedro Moirón. Gran actuación ademáis de Carlota Tsehay Menéndez.

Na proba intermedia, participaron Valeria Álvarez, Iria Rguez., Iria Otero e Fer Vallines.

E xa na proba infantil, triunfos para Ainara Rguez. en feminino e Aleix Díaz na categoría masculino, con segundo posto para Ana Vallines e bronce para Nicolás Álvarez.

 

Claudia Graña logra marca mínica para o Galego Cadete en 60 valados. Boas actuacións tamén de Ainara Rguez, Genito Pérez, Ainhoa López e Alba Alonso

Desprazábanase unha vez máis os velocistas das escolas(cadetes e xuvenís) ó II Trofeo Verxel de pista cuberta en Lugo.

Claudia Graña lograba mínima para Galego en 60 valados con 11,43. Nesta proba participou tamén Ainhoa López (12,18) e Alba Alonso(12,40)

Genito Pérez lograba ser o primeiro junior en salto de altura con 1,60 e quedaba a 10 cms. de marca mínima para galego, así como facía 7,95 en 60 lisos.

Ainara Rguez., xa con marca mínima en 60 lisos, rebaixaba unha vez máis o seu mellor rexistro para deixalo en 8,45.

 

Iria e Ainara Rguez. suman un novo título ó seu palmarés na II CARREIRA NOCTURNA DE SADA (Benéfica CRUZ ROJA) nas Categorías Alevín e Cadete!!!

O pasado venres vencía Ainara Rguez en cadete e a súa irmán Iria facía o mesmo na categoría alevín na benéfica de Sada a favor da Cruz Roja.

Omnipresencia dos Atletas do Maderas Barcia no pasado fin de semana
Omnipresencia dos Atletas do Maderas Barcia no pasado fin de semana
Omnipresencia dos Atletas do Maderas Barcia no pasado fin de semana
Omnipresencia dos Atletas do Maderas Barcia no pasado fin de semana
Omnipresencia dos Atletas do Maderas Barcia no pasado fin de semana
Omnipresencia dos Atletas do Maderas Barcia no pasado fin de semana