OSCAR BUJÁN, FICHAXE ESTRELA DO ATLETISMO LOURENZÁ PARA ESTA PRÓXIMA TEMPADA 2015-2016

A concreción dunha gran fichaxe para a tempada 2015-2016.

Durante a carreira de hoxe en Foz, Oscar Buján (subcampión mundial de duathlon) comprometeuse a correr coa nosa camiseta. Todo un éxito para un club, que malia a súa xuventude e filosofía optou por dar un salto de calidade. É unha honra para nós compartir un equipo cun corredor do seu talle que defende as cores da selección española, e profesionalmente compite na liga francesa desta especialidade.

Esperemos que este sexa o primeiro paso para unha gran relación, e para a realización dun equipo cada vez máis competitivo que se converta en referencia de Galicia e o Occidente Asturiano. Esta incorporación dará a visibilidade que buscaban algúns dos nosos patrocinadores, nas populares que lle permitan os seus compromisos internacionais.

Non sen menos importancia, dar a benvida ás novas incorporacións de Maite e Pablo xa coñecemos polo club como pais do equipo de miembr@s das categorías inferiores de onde naceu este club.