Presentouse no Salón de Actos do Concello de Lourenzá a nova equipación das Escolas Deportivas para esta nova temporada, así como a renovación dos patrocinadores

O pasado venres presentouse no Salón de Actos do Concello de Lourenzá a nova equipación das Escolas Deportivas para esta nova temporada, así como a renovación dos patrocinadores. No acto estiveron Emma Álvarez Chao, alcaldesa de Lourenzá; Pablo Maseda Fdez, concelleiro de Deportes; e os capitáns do primeiro equipo Dani Rego, Montxinho Seivane, David "Garrafín" e Iván Recalde. Ademáis, estiveron os representantes dos tres patrocinadores: Construcciones Emérito Cabaleiro, Panadería Neli e Construcciones Augacons, así como o representante dun novo colaborador: cafetería Vinoteca Morrigan. 

A camiseta é un guiño ao antigo e desaparecido Atlético Lourenzá coa marca propia EDLOURENZA. Plasma o diseño da mesma, o escudo, e leva tamén grabado no cuello ATL. LOURENZÁ, coma unha pequena homenaxe a tantos anos de historia que protagonizou o Atleti. A camiseta estará dispoñible para os socios e simpatizantes que queiran mercala en todos os partidos que dispute o primeiro equipo como local en Sta. Cruz.

 Escolas Deportivas de Lourenzá