A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAIS ACOLLE ATA O DÍA 2 DE NOVEMBRO UNHA MOSTRA DEDICADA AOS PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGUER. FOI INAUGURADA CUN ACTO NO QUE PARTICIPARON A ALCALDESA E OS CONCELLEIROS DE SERVIZOS SOCIAIS E CULTURA

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle desde onte, martes, e ata o día 2 de novembro unha mostra dedicada aos premios María Josefa Wonenburger, en recoñecemento ás mulleres científicas de Galicia. A exposición, que pode visitarse de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas, foi inaugurada cun acto no que participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; o edil de Cultura, Manuel Arango; a técnico social Pepa García; a educadora familiar Dolores Villasuso; e a traballadora social do Centro de Información á Muller (CIM) de Mondoñedo, Sonia Fraga.

Esta mostra, que consta de 13 paneis explicativos, foi solicitada á Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta, a través do CIM de Mondoñedo para a súa exposición ó público en varios concellos. Con esta exposición preténdese facer chegar á sociedade as contribucións feitas á ciencia e á tecnoloxía por mulleres galegas, que foron galardoadas co premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga a Xunta de Galicia, a través da unidade Muller e Ciencia, con carácter anual desde 2007.