A TRABALLADORA SOCIAL DO CONCELLO TRAMITA A SOLICITUDE DE AXUDAS INDIVIDUAIS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARA SERVIZOS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA E COMPLEMENTARIOS DE ASISTENCIA PERSOAL

Lourenzá, 12 de abril de 2017. A traballadora social do Concello de Lourenzá tramita a solicitude de axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “de acordo co disposto na orde do 30 de marzo de 2017  pola que se establecen axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal así como de servizos complementarios de asistencia persoal, faise público que todas as persoas que cumpran as condicións que seguidamente se relacionan poden formalizar a solicitude a través da traballadora social no Torreón dos Frades”.

A rexedora engadiu que “os requisitos son: que residan na Comunidade Autónoma Galega, que necesiten a axuda solicitada derivada da tipoloxía de discapacidade recoñecida, que a capacidade económica non supere o 200% do IPREM para o 2017 e que non percibisen durante o ano 2017 outras axudas para o mesmo fin. Poden ser beneficiarios os que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% así como pensionistas da Seguridade Social con pensión de incapacidade permanente en grao total, absoluta ou gran invalidez ou pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 12 de maio de 2017”.