TRECE NEN@S PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE PARA ESTAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Lourenzá, 12 de abril de 2017. Trece nenas e nenos participan nas actividades programadas polo Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Xuventude, para estas vacacións escolares de Semana Santa.

No inicio desta iniciativa os participantes recibiron a visita da alcaldesa, Rocío López, e do concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, quen salientou que “esta actividade tivo moi boa acollida entre os máis novos e conseguiuse reunir un grupo de 13 nenas e nenos. Entre outras cousas os participantes aprenden a facer receitas de cociña orixinais, como por exemplo o ovo de Pascua que elaboraron o primeiro dia. Trátase dunha boa alternativa para o tempo de ocio destas vacacións de Semana Santa”.

Estas actividades desenvolveranse ata o vindeiro luns, día 17 de abril.

TRECE NEN@S PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE PARA ESTAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA