Un centenar de persoas participaron onte, xoves, na charla-coloquio sobre a Lei de Montes de Galicia organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día Forestal Mundial

Un centenar de persoas participaron onte, xoves, na charla-coloquio sobre a Lei de Montes de Galicia organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día Forestal Mundial e que correu a cargo do subdirector xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, Miguel Ángel Cela.

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, destacou que “é unha satisfacción que acuda tanta xente ás charlas mensuais que vimos organizando dende o mes de novembro, incluso soe haber algúns que veñen de concellos próximos. Isto anímanos a instauralo no tempo tratando de buscar temas que susciten interese entre os veciños e veciñas de Lourenzá e inclusive onte animeinos a que propuxeran temas para tratar de desenvolver nestas charlas mensuais”.

concello de lourenza lei montes charla