Varios Escolas

Ainara Rodríguez vence no III Memorial Ana Domínguez no día de onte en Bastiagueiro

No día de onte impoñíase Ainara nos 1000 lisos no III Memorial Ana Domínguez con un tempo de 3,05,85; seguida por Noelia Sánchez(Friol) con 3,06,31 e Ainhoa Rguez(Beade) con 3,09,19.

Ademáis, o martes vencía Ainara tamén nos 1000 lisos en Lugo nas II Xornadas da Copa Deputación de Lugo con 3,10,74.

O vindeiro fin de semana competirá de novo nun control de marcas en Asturias. E xa a vindeira semana desprazarase a Murcia (1 de xullo) para participar no Campionato de España cadete, na proba de 600 ou de 1000 lisos.

 

Sta. Cruz volverá a ser unha alfombra na vindeira temporada 2017 2018!!!

Persoal da directiva das Escolas, xogadores do 1º equipo do clube e a colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Lourenzá: 3 mimbres sinónimo de triunfo.

O resultado, o arranxo dos accesos ó campo, rexeneración do céspede, pintado de banquillos, arranxo de vestiarios, bar. .... Todo para que a Sta. Cruz brille de novo como un dos mellores terreos de xogo da provincia na vindeira temporada 2016 2017.

Noraboa a Tod@s!!! Somos únicos!!!

 

As guerreiras do Terras da Mariña Lourenzá, a divertirse ó Torneo de Basket de Cangas de Narcea.

Horarios de Competición:

Venres: 13´00 horas con Navia.

Sábado: 12,00 horas con Olímpico64 de Madrid

Sábado: 22,00 horas con Pío XII de Santiago

Varios Escolas
Varios Escolas
Varios Escolas
Varios Escolas
Varios Escolas