XIII TORNEO BASKET LOURENZÁ EN XOGO 2017

Un ano máis, poñémonos en contacto convosco para informarvos do noso tradicional e prestixioso torneo de baloncesto feminino que ten lugar por Semana Santa. Como moitos ben sabedes, a oferta de prazas para acudir ao mesmo é limitada.

Os equipos que desexen participar nesta próxima edición terán de prazo ata o MARTES día 31 de XANEIRO para facer a PREINSCRICIÓN e formalizar o seu dereito para participar no mesmo (Esta preinscrición debedes de facela todos os equipos, participásedes ou non algunha vez no evento E SEN FACER ABONO ALGÚN).

Unha vez finalice este prazo, mandaremos a listaxe de equipos participantes e os equipos reservas para que procedan a realizar a INSCRICIÓN DEFINITIVA.

Descargar circular en PDF