XIV Concurso Fotográfico Festa da Faba

Ganadores 2010: 

 


O luns día 9 de agosto tivo lugar a  presentación do XIV Concurso Fotográfico Festa da Faba.

No acto estiveron presentes o alcalde de Lourenzá -  D. Vidal Martínez Sierra, a concelleira de Medio Rural – Dª Emma Alvarez Chao e o xerente de Hermida Muebles – D. Angel Hermida, como patrocinador da edición deste ano.

Os concursantes deberán presentar un mínimo de 4 e un máximo de 6 fotografías cuns tamaños que oscilan entre os 20x25 cm ata un máximo de 30x40 cm, tanto en branco e negro ou en cor, debendo estar todas as obras identificadas. Os traballos poderán presentarse ata o 17 de setembro e os premios que se repartirán serán de 500 euros para a serie: Libre Lourenzá e 200 euros para a serie: Libre.

O mencionado Concurso está organizado polo Concello de Lourenzá e patrocinado pola empresa Muebles Hermida.

concurso fotográfico

 

Descargar bases del concurso en pdf