A XUNTA DE VOCEIROS MUNICIPAIS ACORDOU APOIAR A INICIATIVA CIDADÁ DE HOMENAXEAR ÁS FIGURAS DE O GARDARRÍOS E A SÚA COMPAÑEIRA

A Xunta de Voceiros Municipais (PSOE, PP e BNG) do Concello de Lourenzá acorda apoiar a iniciativa cidadá de homenaxear ás figuras de Luis Trigo Chao (O Gardarríos) e á súa compañeira, Antonia Díaz Pérez, co gallo do 70 aniversario do seu asasinato a mans da ditadura franquista.

Esta homenaxe tamén é un recordo a todas aquelas persoas que dunha maneira ou doutra colaboraron naquela época na loita antifranquista.

Así mesmo a Xunta de Voceiros Municipais acorda convidar aos veciños e veciñas a participar nos actos de homenaxe previstos en Mondoñedo e Lourenzá o sábado 23 de xuño de 2018.