Novas

Novas do Concello

Varios Sección Atletismo

Premio de 3600 euros para os atletas do Maderas Barcia Lourenzá con motivo das axudas individuais da Deputación polos méritos do ano 2016

Na relación publicada o pasado sábado no Bop provincial, varios dos esforzados atletas da sección de atletismo das Escolas reciben premio en metálico polos méritos deportivos alcanzados co Maderas Barcia Escolas Lourenzá na temporada 2016.

Éstes son os afortunados:

A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE ATA O DÍA 17 DESTE MES UNHA MOSTRA DE ILUSTRACIÓNS DE DIVERSOS ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá alberga ata o vindeiro día 17 deste mes unha mostra titulada Cartas de Amor. Trátase dunha exposición gráfica de ilustracións de quince artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. As obras poden visitarse en horario de biblioteca: de luns a venres das 17:00 ás 20:00 horas.

Apoteosis de triunfos do Maderas Barcia Lourenzá na San Silvestre Ribadense: Na proba de 5 kilómetros, Títulos para Manu Rguez. e Mariña Salvatierra en infantil; na Mini San Silvestre triunfos de Sara Otero e Pedro Moirón en prebenxamín e na Milla dominio

Os resultados dos atletas en competición:

Mini San Silvestre:

Prebenxamín Feminino:

Sara Otero (1ª) Lidia Balseiro (2ª) Manuela Lastra (3ª).

Ademáis Sara Terrón (6ª) Aroa Ferreiro (16ª).

Prebenxamín Masculino:

Pedro Moirón (1º) Roi De La Plaza (4º) Leo Martínez (9º)

Iniciación:

Carlota Menéndez (3ª) Damián Edrosa (8º) Javi Ferreiro (11º)

 

5 kilómetros absoluta:

Infantil:

Manu Rguez. (1º) Nicolás Álvarez (3º)

Mariña Salvatierra (1ª) Marta Alonso (3ª) Valeria Álvarez (5ª)

Cadete:

O CONCELLO ORGANIZA A VISITA DE PAPÁ NOEL E UN CONCERTO DE NADAL PARA ESTE FIN DE SEMANA

O Concello de Lourenzá organiza a visita de Papá Noel e un concerto de Nadal para este fin de semana.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o venres 22 ás 18:00 horas chegará Papá Noel á carpa instalada polo Concello na praza Conde Santo, de Lourenzá. Previamente visitará o Punto de Atención á Infancia (PAI) e o centro de día para maiores. A parte musical correrá a cargo da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez”.

A PROGRAMACIÓN DE NADAL INCLÚE UN BELÉN INSTALADO NA PRAZA DO CONDE SANTO, UNHA MONTAXE DE PAISAXE POLAR NO QUIOSCO DA MÚSICA E NUMEROSAS ACTIVIDADES

A programación de Nadal en Lourenzá inclúe un belén instalado na Praza do Conde Santo, unha montaxe de paisaxe polar que está no Quiosco da Música e numerosas actividades.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “en Lourenzá xa se vive o Nadal coa inauguración do alumeado navideño e a colocación dun belén na Praza Conde Santo e dunha montaxe de paisaxe polar no Quiosco da Música do Cantón”.

Distribuir contido