Novas

Novas do Concello

A PROGRAMACIÓN DA XXXI FESTA DA FABA, QUE SE CELEBRA DO 29 DESTE MES AO 1 DE OUTUBRO, INCLÚE COMO NOVIDADE O FABA FEST, NO QUE ACTUARÁ O GRUPO BEATRIZ.

Lourenzá, 19 de setembro de 2023. A programación da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o día 29 deste mes ata o 1 de outubro, inclúe como novidade o Faba Fest. Será o venres pola noite no Campo dos Bolos e contará coa actuación do Grupo Beatriz e dos DJ Pedro Brmudz e Litainer, con entrada gratuíta. Ademais o programa inclúe outras actuacións musicais, degustacións e venda de fabas, exposicións e demostracións de artesáns, showcooking, cata de viño, tren turístico, concentración de vehículos clásicos e outras actividades.

AS FESTAS DO CONDE SANTO CELÉBRANSE DO VENRES 25 AO LUNS 28 DE AGOSTO E NESTA FIN DE SEMANA HABERÁ TAMÉN DÍA DA BICICLETA, CONCENTRACIÓN DE CAMIÓNS, MOSTRA FOLCLÓRICA E CERTAME DE BANDAS.

Lourenzá, 24 de agosto de 2023. As festas do Conde Santo en Lourenzá celebraranse desde mañá, venres 25, ata o luns 28. Nesta fin de semana haberá tamén o XXIV Día da Bicicleta, a primeira concentración de camións, a tradicional mostra folclórica e o terceiro certame de bandas de música. Os festexos foron presentados polos organizadores e a alcaldesa, Rocío López.

A CONCELLERÍA DE CULTURA CONVOCA O V CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ

Lourenzá, 27 de xullo de 2023. A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Distribuir contido