Novas

Novas do Concello

A SECCIÓN DE ATLETISMO TERÁ UNHA REPRESENTACIÓN MOI NUMEROSA NO GALEGO DE PISTA CUBERTA EN RIAZOR O VINDEIRO SÁBADO 1 DE MARZO

A sección de atletismo terá unha representación moi numerosa no galego de pista cuberta para categorías benxamín, alevín e infantil a celebrar en Riazor o vindeiro sábado 1 de marzo, xa que ata un total de 23 atletas conseguiron marca persoal para estar no campionato.

A competición comenzará sobre as 10:30 horas e rematará sobre as 19:00 horas.

Os atletas elexidos por ránking son:

ADMITIDOS GALEGO PISTA CUBERTA.- RIAZOR. 1/03/2014

MANUEL RGUEZ – 50 / 500 BENXAMÍN

ALEIX DÍAZ – 500 ALEVÍN

IAN MÉNDEZ – 1000 BENXAMÍN

BRAIS DÍAZ – 1000 BENXAMÍN

AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS TEÑEN NOVO EQUIPAMENTO, QUE FOI SUPERVISADO HOXE POLO RESPONSABLE PROVINCIAL DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE.

Lourenzá, 21 de febrero de 2014. As instalacións deportivas do Concello de Lourenzá contan con novo equipamento, material que se utilizará fundamentalmente para a practica do atletismo. Foi supervisado hoxe polo responsable provincial da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Manuel Otero Cadramón, que estivo acompañado pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao.

O atletismo ten cada vez máis practicantes en Lourenzá e as escolas deportivas municipais están logrando numerosos éxitos nas probas en que participan nos últimos tempos.

GRAN XORNADA PARA A SECCIÓN DE CICLISMO NA BTT PICO DA LEBRE DE FOZ CON PACO ÁLVAREZ ENTRE OS 10 PRIMEIROS!!!

Nova a través de E.d. Lourenzá Ciclismo: "Gran día de btt do que disfrutamos en foz na ruta pico da lebre , nun recorrido bonito e moi traballado pola xente do Club Ciclista Foz , que fixo as delicias dos 13 participantes do E.D.lourenza.ciclismo . Destacar a gran actuación de Paco quedando no 10 posto da xeral a pesar de facer unhos kilómetros de mais o perderse nun cruce nas primeiros zonas do recorrido , destacar tamén a Basanta posto 29 , e a Juan Jose Longarela Garcia posto 35."

A VIAXE Á NEVE E INICIACIÓN AO ESQUÍ ORGANIZADA POLO CONCELLO PARA O 5 DE MARZO NA ESTACIÓN ASTURIANA DE FUENTES DE INVIERNO XA TEN UNHA VINTENA DE INSCRITOS. O PRAZO PARA APUNTARSE REMATA O DÍA 27 DESTE MES

Lourenzá, 18 de febreiro de 2014. A viaxe á neve e iniciación ao esquí organizada polo Concello de Lourenzá para o día 5 de marzo, Mércores de Cinza, na estación asturiana de Fuentes de Invierno xa conta cunha vintena de persoas inscritas. O prazo para apuntarse remata o día 27 deste mes.

A REPRESENTACIÓN TEATRAL DE ONTE ABARROTOU O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO, QUE ESTE VINDEIRO DOMINGO ACOLLERÁ A ÚLTIMA OBRA DO CICLO FEBREIRO TEATREIRO. CORRERÁ A CARGO DA COMPAÑÍA O BATÁN, DE CANGAS DE FOZ

Lourenzá, 17 de febreiro de 2014. A representación teatral a cargo de Trípode abarrotou onte, domingo, o salón de actos do Concello de Lourenzá, que este vindeiro domingo, día 23, ás sete da tarde acollerá a última obra do ciclo Febreiro teatreiro. A compañía O Batán, de Cangas de Foz, ofrecerá a obra Cambadelas. O prezo da entrada é de un euro.

O DESFILE DO DOMINGO DE PIÑATA ORGANIZADO POLA ACIAL E O CONCELLO CAMBIARÁ O SENTIDO DO PERCORRIDO E REPARTIRÁ 4.675 EUROS EN PREMIOS. PARA PARTICIPAR É PRECISO INSCRIBIRSE NO RECINTO FEIRAL DE 12 A 15 HORAS DO DÍA 9 DE MARZO E COMEZARÁ ÁS 4 DA TARDE

Lourenzá, 14 de febreiro de 2014. O desfile do Domingo de Piñata, que é o acto principal do Entroido de Lourenzá, cambiará o sentido do percorrido aínda que irá polas mesmas rúas que en anos anteriores. Repartiranse 4.675 euros entre todos os premios que se entregarán. Celebrarase o domingo 9 de marzo e da organización encárgase a asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos de Lourenzá (ACIAL) e o Concello, que presentaron os actos hoxe.

MÁIS DE 40 PERSOAS PARTICIPARON NA CHARLA CELEBRADA HOXE, XOVES, NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE LOURENZÁ DENTRO DA CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE ATROPELOS A PEÓNS

Máis de 40 persoas participaron na charla celebrada hoxe, xoves, no salón de actos do Concello de Lourenzá dentro da campaña de prevención de atropelos a peóns. Correu a cargo de efectivos da Garda Civil, que explicaron as pautas para pasear coas axeitadas medidas de visibilidade e seguridade, co fin de evitar atropelos nos distintos tipos de estradas.

Distribuir contido