Novas

Novas do Concello

DANI PÉREZ REFORZA O EQUIPO DE 1ª AUTONÓMICA DE FÚTBOL

Dani Pérez, nova incorporacion!!!

Daniel Pérez Mato, "Dani", retorna á casa que o veu medrar dende a categoría cadete. Dani Pérez, según as súas declaracións, volve non coma un salvador senón para aportar o seu grado de area nun Atleti en situación complicada. Cubrirá ademáis a baixa de Pitero que ten que deixar temporalmente o equipo por motivos laborais. O equipo agora mesmo está a 4 puntos da salvación.

A ALCALDESA ASISTE Á FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO DE MADRID PARA APOIAR A PROMOCIÓN CONXUNTA DA MARIÑA. EMMA ÁLVAREZ PARTICIPARÁ NA PRESENTACIÓN DUN NOVO VÍDEO SOBRE A COMARCA, NO QUE APARECEN OS PRINCIPAIS ATRACTIVOS DO MUNICIPIO

Lourenzá, 23 de xaneiro de 2014. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, asiste á feira internacional de turismo Fitur, en Madrid, para apoiar a promoción conxunta da Mariña. A rexedora participará esta tarde na presentación dun novo vídeo sobre a comarca, no que aparecen os principais atractivos do municipio laurentino.

O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO DE LOURENZÁ ACOLLEU ONTE, MARTES, A ENTREGA DOS CARNÉS DE USUARIO PROFESIONAL DE PRODUTOS FITOSANITARIOS AOS 23 ALUMNOS QUE SUPERARON CON ÉXITO O CURSO DE APLICADOR E MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acolleu onte, martes, a entrega dos carnés de usuario profesional de produtos fitosanitarios aos 23 alumnos que superaron con éxito o curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios que organizou o Concello de Lourenzá a mediados do pasado ano 2013. Os carnés teñen unha validez de 10 anos. No acto participou a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, quen dixo que o Concello traballa para organizar máis actividades formativas deste tipo.

O CONCELLO SACA A CONCURSO A EXPLOTACIÓN DO XIMNASIO MUNICIPAL TRAS CESAR NA ACTIVIDADE O ANTERIOR CONCESIONARIO. A ALCALDESA ESPERA QUE AS INSTALACIÓNS POIDAN ABRIR DE NOVO EN BREVE CON MÁIS MATERIAL E ACTIVIDADES

Lourenzá, 17 de xaneiro de 2014. O Concello de Lourenzá saca a concurso a explotación do ximnasio municipal tras cesar na actividade o anterior concesionario. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, espera que as instalacións poidan estar abertas de novo en breve con máis material e actividades.

O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLERÁ MAÑÁ, XOVES, UNHA CHARLA SOBRE O CULTIVO DA FABA A CARGO DO XEFE DO LABORATORIO AGRARIO DE MABEGONDO

Lourenzá, 15 de xaneiro de 2014. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá mañá, xoves, día 16 de xaneiro, ás once da mañá unha charla sobre o cultivo da faba a cargo do xefe do laboratorio agrario de Mabegondo, Jesús Collar Urquijo.

Esta actividade está organizada pola oficina agraria comarcal de Mondoñedo, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración do Concello de Lourenzá e da cooperativa Terras da Mariña.

A ALCALDESA PARTICIPOU NA CONCENTRACIÓN CELEBRADA ESTE MEDIODÍA EN CERVO EN REPULSA Á VIOLENCIA DE XÉNERO POLO SUCESO ACONTECIDO EN SAN CIBRAO. EMMA ÁLVAREZ TRASLADOU A CONSTERNACIÓN DOS VECIÑOS DE LOURENZÁ

Lourenzá, 15 de xaneiro de 2014. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, participou este mediodía na concentración convocada polo Concello de Cervo en repulsa á violencia de xénero polo suceso acontecido en San Cibrao no que faleceron dúas mulleres, unha nai e a súa filla.

A rexedora municipal trasladou a consternación dos veciños de Lourenzá porque o presunto homicida é natural deste municipio, concretamente da parroquia de San Adriano.

Distribuir contido