Novas

Novas do Concello

O CONCELLO ACTUALIZARÁ OS DATOS PARA COBRAR A TODOS OS USUARIOS DO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE RESIDUOS AS CANTIDADES QUE LLES CORRESPONDEN E ASÍ EVITARÁ APLICAR INTEGRAMENTE A SUBA DO 34 POR CENTO QUE VAI LEVAR A CABO SOGAMA

Lourenzá, 13 de decembro de 2013. O Concello de Lourenzá actualizará a partir do día 1 de xaneiro do vindeiro ano 2014 os datos para cobrar a todos os usuarios do servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos as cantidades que lles corresponden. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou hoxe que o obxectivo desta medida é que todos os veciños paguen o que lles pertence e así evitarase ter que aplicar integramente a suba do 34 por cento que vai levar a cabo a empresa Sogama.

A CHARLA ORGANIZADA POLO CONCELLO PARA ESTE MES SERÁ O DÍA 19 E TRATARÁ SOBRE O SECTOR FORESTAL GALEGO. CORRERÁ A CARGO DO LAURENTINO JESÚS SÁNCHEZ ROCHA, QUE É DOUTOR ENXEÑEIRO DE MONTES E PROFESOR DE INDUSTRIAS FORESTAIS

Lourenzá, 12 de decembro de 2013. A charla informativa deste mes organizada polo Concello está programada para o día 19, xoves, ás 21 horas no salón de actos da Casa do Concello e tratará sobre o sector forestal galego. Correrá a cabo do laurentino Jesús Sánchez Rocha, que é doutor enxeñeiro de Montes e profesor de Industrias Forestais na Escola Politécnica Superior de Lugo.

O RECINTO FEIRAL ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O PRIMEIRO MERCADO DE NADAL ORGANIZADO POLO CONCELLO E ACIAL. HABERÁ 30 POSTOS, ACTIVIDADES PARALELAS E O SORTEO DE 500 EUROS EN VALES DE COMPRA

Lourenzá, 12 de decembro de 2013. Esta fin de semana, sábado e domingo, o recinto feiral de Lourenzá acollerá o primeiro Mercado de Nadal organizado polo Concello e pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL). Haberá 30 postos de empresarios locais, actividades paralelas e o sorteo de 500 euros en vales de compra.

A ASEMBLEA DE COPROPIETARIOS PARA CONSTITUÍR A XUNTA XESTORA DO MONTE DE VARAS DE CANEDO CELEBRARASE O VINDEIRO 10 DE XANEIRO NA CASA DO CONCELLO. O ANUNCIO DESTA XUNTANZA FOI PUBLICADO ONTE NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Lourenzá, 11 de decembro de 2013. A asemblea de copropietarios para constituír a xunta xestora do monte de varas de Canedo celebrarase o vindeiro 10 de xaneiro de 2014 no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá. O anuncio desta xuntanza foi publicado onte no Diario Oficial de Galicia.

AS ESCOLAS DE ATLETISMO CONQUISTA A MAÑÁ XÉLIDA DE FRIOL

A pesar das baixas temperaturas, os nosos atletas disfrutaron dunha mañá espectacular de campo a través a vivida no dia de onte venres en Friol, onde se deron cita os mellores atletas de categorías inferiores da provincia. Destacar a boa organización da proba e o despregue de medios do Concello de Friol.

            Resultados con atletas en pódium:

            ALEVÍN FEMININO:

O RECINTO FEIRAL ACOLLERÁ O PRIMEIRO MERCADO DE NADAL OS DÍAS 14 E 15 DESTE MES ORGANIZADO POLO CONCELLO E ACIAL. HABERÁ 30 POSTOS, ACTIVIDADES PARALELAS E O SORTEO DE 500 EUROS EN VALES DE COMPRA

Lourenzá, 5 de decembro de 2013. Os días 14 e 15 deste mes, sábado e domingo, o recinto feiral de Lourenzá acollerá o primeiro Mercado de Nadal organizado polo Concello e pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL). Haberá 30 postos de empresarios locais, actividades paralelas e o sorteo de 500 euros en vales de compra.

O CONCELLO RECOLLE XOGUETES PARA QUE A CRUZ VERMELLA OS ENTREGUE A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS. PARA CONSEGUIR MÁIS COLABORADORES NESTA CAMPAÑA O VINDEIRO LUNS HABERÁ UNHA CHOCOLATADA NO CEIP JUAN REY

Lourenzá, 2 de decembro de 2013. O Concello de Lourenzá recolle xoguetes para que a Cruz Vermella os entregue a familias con escasos recursos económicos. Esta iniciativa foi dada a coñecer hoxe pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen anunciou que para conseguir máis colaboradores nesta campaña o vindeiro luns, día 9, ás tres da tarde haberá unha chocolatada no CEIP Juan Rey.

REPÓKER DE PÓDIUMS HISTÓRICO NA LIGA GALEGA FEDERADA!!!

O pasado sábado dia 30 de novembro foi histórico para a sección de atletismo. 3 dos 4 equipos presentados conseguiron subirse ó pódium despois de participar na Liga Galega Federada que rematou onte en Lugo. Os héroes desta proeza son:

 

                Benxamín Feminino:

Distribuir contido