Novas

Novas do Concello

CLASIFICACIÓNS DOS ATLETAS DAS ESCOLAS NA PRESTIXIOSA CORRE CON NÓS DISPUTADA ESTE PASADO DOMINGO, E ATLETAS QUE PARTICIPARÁN NA SEGUNDA XORNADA E ÚLTIMA DA LIGA GALEGA FEDERADA DE ATLETISMO PARA CATEGORÍAS MENORES

O pasado domingo preto de 60 atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo invadiron as pistas Gregorio Pérez para participar na prestixiosa carreira lucense, onde Ainara Rguez e Ana Vallines como nos tenen acostumados subiron ó pódium na categoría B (alevín e infantil). Ademáis, este vindeiro sábado os 4 equipos xogaranse o pódium na 2ª liga escolar federada que terá lugar en Lugo o vindeiro sábado día 30.

COS ACTOS CELEBRADOS ONTE REMATARON AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO NESTE ANO DEDICADO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. A ALCALDESA FIXO HOXE UN BALANCE MOI POSITIVO DESTA INICIATIVA E ANUNCIA QUE PROXECTA TER DE FORMA PERMANENTE A RUTA LITERARIA

Lourenzá, 27 de novembro de 2013. Cos actos celebrados onte remataron as actividades organizadas polo Concello de Lourenzá neste ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, fixo hoxe un balance moi positivo desta iniciativa e anunciou que o goberno municipal proxecta ter de forma permanente a ruta literaria sobre don Paco que se percorreu o 25 de xullo.

A ALCALDESA CRITICA AOS REPRESENTANTES DE PSOE E BNG NA DEPUTACIÓN DE LUGO POR VOTAR NO PLENO DE HOXE EN CONTRA DA TRANSFERENCIA DO VIAL COÑECIDO COMO CAMIÑO A Á REDE DE ESTRADAS DO ENTE PROVINCIAL

Lourenzá, 26 de novembro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, asistiu hoxe ao pleno da Deputación de Lugo no que os representantes de PSOE e BNG votaron en contra da transferencia do vial coñecido como Camiño A á rede de estradas do ente provincial. Por este motivo a rexedora critica aos deputados provinciais socialistas e nacionalistas.

A MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO PERCORREU AS RÚAS DE VILANOVA DESPOIS DA PRESENTACIÓN DO PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES. OS ACTOS REMATARON COA LECTURA DUN MANIFESTO E COA SOLTA DE GLOBOS MALVA

Lourenzá, 25 de novembro de 2013. A marcha contra a violencia de xénero organizada polo Concello de Lourenzá percorreu as rúas de Vilanova despois do acto de presentación do plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Os actos remataron coa lectura dun manifesto por parte da concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane, e coa solta de globos de cor malva que portaban os participantes na mobilización.

AS ACTIVIDADES DO ANO DEDICADO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO REMATARÁN MAÑÁ MARTES, DÍA 26, COA INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN E UNHA LOA A DON PACO A CARGO DO SECRETARIO XERAL DE CULTURA DA XUNTA, ANXO LORENZO

Lourenzá, 25 de novembro de 2013. As actividades do ano dedicado polo Concello de Lourenzá a Francisco Fernández del Riego rematarán mañá martes, día 26, coa inauguración dunha exposición e unha loa a don Paco diante do seu busto a cargo do secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo.

A ALCALDESA DENUNCIA AS CONTINUAS DISCRIMINACIÓNS AO CONCELLO POR PARTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO, COMO NA VISITA QUE FIXO ONTE AO MUNICIPIO A VICEPRESIDENTA LARA MÉNDEZ.

Lourenzá, 22 de novembro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, denuncia as continuas discriminacións a este Concello por parte da Deputación de Lugo, como na visita que fixo onte ao municipio a vicepresidenta do organismo provincial Lara Méndez, acto ao que non foi convidada a rexedora local. Ademais Emma Álvarez critica aos concelleiros da oposición (PSOE e BNG) por non renunciar ás dietas pola asistencia ao pleno extraordinario convocado para pedir que se cambien as bases do plan de emprego da Deputación.

Distribuir contido