Novas

Novas do Concello

O vindeiro luns cúmprese o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. Ese día empezarán en Vilanova de Lourenzá os actos conmemorativos organizados polo concello para homenaxear ao ilustre intelectual

Lourenzá, 3 de xaneiro de 2013. O Concello de Lourenzá organizará durante este ano 2013 diferentes actos para conmemorar o centenario do nacemento do ilustre intelectual Francisco Fernández del Riego, que se cumpre o vindeiro luns, día 7 de xaneiro. Con este motivo ese día haberá varias actividades, que anunciou hoxe a alcaldesa Emma Álvarez Chao.

Este mediodía foron aprobados os presupostos municipais para 2013, que contaron co apoio do equipo de goberno e a abstención dos partidos da oposición

Lourenzá, 28 de decembro de 2012. Cos votos a favor do PP e abstención dos partidos da oposición foron aprobados os presupostos municipais de 2013 que ascenden a 1.700.000 euros. Os orzamentos sofren un incremento do 3’76% con respecto aos deste ano “debido á subvención que nos foi concedida para rehabilitar o Pazo de Tovar”, segundo lembrou esta mañá a alcaldesa, Emma Álvarez.

Obradoiros de Nadal para nenos e nenas, do 26 ao 28 de decembro

Un grupo de nenos e nenas de Lourenzá participaron esta semana do 26 ao 28 de decembro nos obradoiros de nadal que organizou a Concellería de Educación, Cultura e Turismo para eles. Os rapaces fan abelorios, realizan coreografías e playbacks, e participan en xogos de mesa e de interior nas dependencias da Casa da Xuventude en horario de mañá e de tarde. Os obradoiros seguirán os días 2, 3 e 4 de xaneiro para entreter aos máis pequenos da casa durante estas festas de nadal.

Os presupostos de Lourenzá para 2013, que ascenden a 1.700.000 euros, someteránse a aprobación o 28 de decembro

Lourenzá, 26 de decembro de 2012. O vindeiro venres, 28 de decembro, ás 12 da mañá nun pleno extraordinario someteránse a aprobación os presupostos municipais para 2013 que ascenden a 1.700.000 euros, un 3'76% máis que os deste ano. En palabras da alcaldesa, Emma Álvarez, trátase duns orzamentos realistas, responsables, rigorosos e austeros, que tentarán atender as necesidades básicas dos veciños e das veciñas de Lourenzá.

Papa Noel estará en Lourenzá o venres e o domingo. A cabalgata dos reis magos percorrerá todas as parroquias do municipio o día 5 de xaneiro dende as catro da tarde

Lourenzá, 21 de decembro de 2012. A Concellería de Educación, Cultura e Turismo de Lourenzá acaba de facer pública a programación de actividades para as vindeiras datas de Nadal. Entre os actos previstos destaca a visita de Papá Noel hoxe e o domingo e a Cabalgata dos Reis Magos, que nesta ocasión percorrerá todas as parroquias do municipio.

Na campaña de mercados dominicais da Faba, que rematou hoxe, vendéronse 51.801 quilos, un 52 por cento menos que o ano pasado. Os prezos oscilaron entre os 3,8 € e os 5 € o quilo

Lourenzá, 23 de decembro de 2012. Esta mañá rematou a campaña de mercados dominicais de faba en Lourenzá, aínda que hoxe non houbo ventas pola falla de compradores e a asistencia de vendedores foi escasa. Durante este ano vendéronse 51.801 kilos, un 52 por cento menos que no ano 2011 e os prezos oscilaron entre os 3,8 e os 5 euros o kilo. Este datos foron dados a coñecer pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen considera que demostran a necesidade de crear unha cooperativa para mellorar a comercialización do produto.

O Concello mellorará a área recreativa de A Cazolga, que foi visitada onte pola Alcaldesa e o Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta

Lourenzá, 20 de decembro de 2012. O Concello de Lourenzá mellorará a área recreativa de A Cazolga coa colocación dun valado de protección entre o río, no lugar onde hai desnivel, e a zona das barbacoas, que foron rehabilitadas polos alumnos do curso de albanelería que rematou recentemente. A área recreativa foi visitada onte, mércores, pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e o xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta, Antonio Callejo.

O Secretario Xeral de Medio Rural e Montes amosóuse interesado no proxecto de crear unha cooperativa comercializadora para a Faba de Lourenzá. Emma Álvarez amósase satisfeita do encontro mantido esta tarde con Tomás Fernández-Couto

Lourenzá, 20 de decembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, saiu moi satisfeita da xuntanza que mantivo esta tarde en Santiago co secretario xeral de Medio Rural e Montes. Tomás Fernández-Couto amosóuse moi interesado no proxecto de creación dunha cooperativa comercializadora para a faba de Lourenzá.

Distribuir contido