Novas

Novas do Concello

CICLISMO:ISA TRIUNFA CON UN BRONCE NA VI RUTA DA AUGA DE BETANZOS!!!

Isabel Picoaga logrou unha medalla de bronce o pasado domingo na VI Ruta da Auga celebrada en Betanzos, a pesar de ser a súa primeira participación nunha proba deste estilo sobre un total de 45 kilómetros. Ademáis, sobre esta distancia rematou en 8ª posición Diego Vidal con un fenomenal tempo. Sobre 85 kilómetros destacar a 20ª posición de Javier Legide con un crono de 5 horas e 15 minutos. Participaron ademáis José Luís Falcón, J. Ramón Rguez, Juan José Longarela e Jorge Doural; rematando todos entre os 200 primeiros de un total de 400 participantes.

ATLETISMO: "DE TAL PALO, TAL ASTILLA". CARREIRA DE MONTAÑA A PONTENOVA

Proeza sen límites dos "papás" das nosas figuras do atletismo na carreira de montaña de A Pontenova este pasado domingo. Sobre unha distancia de 19 kilómetros 150 metros tiveron que superar un desnivel real de 443 metros con unha pendente de 5665 metros. Xoan Manuel Rguez(15), José Carlos Díaz(19), Marcos Rguez(27) e Luís Graña(41); todos lograron entrar entre os 50 primeiros nunha proba durísima con rampas que chegaron ó 26% de desnivel.

O 25 DE XULLO LOURENZÁ LEMBRA A FERNÁNDEZ DEL RIEGO CUN ROTEIRO LITERARIO E COA LECTURA DUN MANIFESTO QUE DON FRANCISCO XA PROCLAMARA DENDE O BALCÓN DA CASA CONSISTORIAL NO ANO 1931

Lourenzá, 19 de xullo de 2013. O 25 de xullo, Día de Galicia, Lourenzá lembra a Fernández del Riego coa reedición do Roteiro Literario que non se fixo o 17 de maio pasado debido ao mal tempo e a lectura dun manifesto que Don Francisco xa proclamara dende o balcón da actual Casa do Concello no ano 1931.

DOUS RESPONSABLES DE RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA DARÁN UNHA CHARLA SOBRE A LIÑA BOIMENTE-PESOZ ORGANIZADA POLO CONCELLO. SERÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 22, ÁS OITO E MEDIA DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

Lourenzá, 17 de xullo de 2013. Dous responsables de Red Eléctrica de España darán unha charla informativa sobre a liña Boimente-Pesoz ao seu paso polo municipio de Lourenzá. Inclúese no ciclo de conferencias mensuais que organiza o Concello e será o vindeiro luns ás oito e media da tarde no salón de actos municipal.

TURISMO DE GALICIA E A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA ASINARON HOXE UN CONVENIO DE COLABOARACIÓN PARA POTENCIAR O CARÁCTER DIFERENCIAL DA MARIÑA COMO DESTINO TURÍSTICO

Foz (Lugo), 15 de xullo de 2013.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfonso Fuente Parga, acompañados da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e mais do alcalde da localidade, Javier Castiñeira asinaron hoxe en Foz un convenio de colaboración para a realización de actividades de promoción turística no destino.

CONCERTO OFRECIDO POLO GRUPO DE ACORDEÓNS DE VIVEIRO NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO DE LOURENZÁ

Presentámosvos dúas fotos do concerto ofrecido polo grupo de acordeóns de Viveiro no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá onte, domingo. Da agrupación que dirixe Lino Rico forman parte tamén David Rodríguez, Ángeles Cuadrado, Herminio Pernas e Esperanza Pérez. Interpretaron un variado repertorio de temas musicais diante dun numeroso público e incluso actuou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, que interpretou un pasodobre xunto a Lino Rico.

ESTE SÁBADO, DÍA 20, REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR TRABALLOS AO PRIMEIRO CONCURSO DE CARTEIS SOBRE A FESTA DA FABA CONVOCADO POLO CONCELLO E ACIAL PARA NENOS E RAPACES DE ATA 16 ANOS

Lourenzá, 15 de xullo de 2013. Este vindeiro sábado, día 20 de xullo, remata o prazo para presentar traballos ao concurso de carteis sobre a 23ª edición da Festa da Faba, que convocaron o Concello de Lourenzá e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos do municipio (ACIAL).

O CONCELLO EMPEZARÁ OS TRÁMITES PARA SOLICITAR A RECUPERACIÓN OFICIAL DO TOPÓNIMO CANEDO DESPOIS DE ACORDARSE POR UNANIMIDADE NA REUNIÓN VECIÑAL CELEBRADA ONTE

Lourenzá, 15 de xullo de 2013. O Concello de Lourenzá empezará os trámites para solicitar ao Instituto Nacional de Estadística (INE) a recuperación oficial do topónimo Canedo, despois de acordarse por unanimidade na reunión veciñal celebrada onte. Anunciouno hoxe a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, quen tamén comentou que algúns dos asistentes a esa xuntanza aproveitaron para pedir información sobre a liña eléctrica Boimente-Pesoz, que pasará por esa zona.

Distribuir contido